viernes, 28 de octubre de 2016

O MAGOSTO

Este ano para o Magosto organizamos unha Xincana, cada clase tiña un posto cun reto e representaba un concello(Tui-Redondela-Pontevedra-Caldas de Reis-Padrón-Santiago) no que había que parar e superar unha proba para chegar ata Santiago.
Por equipos de distintas idades e cun plano para orientarse, os diferentes grupos tiñan que superar os retos de cada parada para poder avanzar.
O pasamos xenial e ao rematar o festexamos comendo as castañas ;)









 

miércoles, 5 de octubre de 2016

VISITA GUIADA POLO CASCO HISTÓRICO DE TUI

Saímos de excursión pola nosa vila para coñecer en profundidade o noso patrimonio e a nosa historia, acompañados e guiados por Suso Vila, licenciado en Xeografía e historia, autor de diferentes libros de arte, historia e antropoloxía sobre a cidade de Tui e a súa comarca.







martes, 4 de octubre de 2016

FASE DE DESENVOLVEMENTO

Facemos un panel co que sabemos, co que queremos saber e onde podemos buscar información para crear un recuncho de investigación.
As súas ideas previas ainda que non sexan acertadas ou correctas, sempre deben ser respetadas e tidas en conta.




domingo, 2 de octubre de 2016

COMEZAMOS O NOSO CAMIÑO

O Ceip Plurilingüe Nº1 de Tui encóntrase ubicado no paso do Camiño Portugués, todos os días a primeiras horas da mañá pasan moitos peregrinos, o que fai suscitar interés no noso alumnado, o que nos leva a facernos preguntas sobre o paso do camiño por Tui e a súa orixe.
O Camiño de Santiago é un tema moi cercano para os nosos neno@s, polo que é moi doado motivalos e crear neles certa responsabilidade para que o coiden, xa que é parte do noso patrimonio.
Investigaremos sobre as ideas previas, buscaremos o que precisemos, analizaremos, expresaremos, construiremos, disfrutaremos e compartiremos co mundo.
O obxectivo principal deste proxecto é traballar co alumnado de maneira contextualizada sobre o patrimonio cultural, literario e lingüístico vinculado ao tramo do Camiño de Santiago no que o centro educativo está emprazado.
A temporización deste proxecto abarca todo o curso escolar.