lunes, 1 de mayo de 2017

BOTIQUÍN NATURAL

O noso botiquín natural xa está en marcha..., xa temos todas as prantas no patio do coloexio para investigar mellor e agora toca facer un manual de uso para compartir cos albergues próximos e a comunidade educativa.

SOLICITUDE A PATRIMONIO

Despois de analizar as necesidades do tramo do camiño por Tui, dende a aula de 6º de primaria decidimos facer unha solicitude ao concello, a área de patrimonio, para que limpen o grafiti que hai na entrada de Tui e coloquen o noso mapa mental sobre o patrimonio de Tui.
Carmen Nuñez, concelleira de patrmonio de Tui, recibiu encantada ao nenos e nenas que explicaron o problema e deron unha solución.

Ao rematar a nosa reunión no concello, pasamos por  "Ideas Peregrinas" e os rapaces contaron o seu proxecto. Ás chicas de Ideas Peregrinas gustoulles moito así que decidiron ter a iniciativa de poñer algúns mapas mentais no seu local. GARACIAS ;)