martes, 6 de junio de 2017

SAÍMOS NA PRENSA DO CAMIÑO


Unha caixa de urxencias natural

24/05/2017 17:22
tui2
15 kilómetros diarios de media, pesadas mochilas ás costas, normalmente deixan secuelas como callos nos pés, talóns de atleta ou queimaduras solares…
…Por sorte os nenos e nenas de 6º de primaria do CEIP Plurilingüe N 1º de Tui, van crear unha solución natural.
Remedios naturais reunidos nunha caixa de urxencias a dispoñible para todos os peregrinos.
Todo xurdiu no colexio citado no que crearon un proxecto para coñecer o camiño de Santiago.
Despois dun tempo, crían que o camiño tiña certas carencias, como por exemplo, o coidado aos peregrinos.
O primeiro foi adquirir as plantas e trasplantalas no horto do patio para investigalas mellor. Así tamén fan partícipe ao resto da comunidade educativa que poden aproveitar a ocasión para beneficiarse deste botiquín. Neste intre estamos a crear un díptico informativo cos beneficios e usos de cada planta, intentaremos facelo tamén en inglés para que chegue a máis xente.
Estes alumnos cultivarán remedios solidarios, xa que non recibirán nada a cambio.
Están converténdose en verdadeiros expertos do tema, especializándose e investigando sobre as plantas e os seus usos mediciñais.
Tui séntese influenciado e fascinado con estes nenos e nenas, xa que teñen un montón de proxectos en marcha, todos cooperativos e emprendedores.
Para estes rapaces, este curso é moi divertido e diferente, é o seu favorito.
Sara Alonso Guerreiro 6º de primaria
Lois Pereira Salgueiro 6º de primaria
tui1

No hay comentarios:

Publicar un comentario